BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 25/11/2017
Actualidade
25-01-2008

Xa podedes mercar os bonos

VENRES CULTURAIS EN CARBALLO

Xa están a venda os bonos e entradas para o Programa dos Venres Culturais que se vai desenvolver en Carballo entre xaneiro e abril. Este programa achegará ao concello variados espectáculos teatrais, música, cinema dixital, exposicións e conferencias. Os prezos dos bonos inclúen descontos para estudantes, menores de 12 anos e maiores de 65, e tamén existe a posibilidade de mercar bonos de teatro ou bonos familia. O horario de venda de bonos e reserva de entradas será de 11.00 a 14.00 horas na Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística (Pazo da Cultura). Máis información, no teléfono 981 704 300.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca