BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 22/10/2019
Actualidade
21-11-2008

O sábado 29 de novembro, ás 17 horas.

IV ENCONTROS NA CASA DE TRILLO

Un ano máis a Casa de Trillo de Muxía abrirá as súas portas para celebrar unha nova xornada de debate. Os Encontros na Casa de Trillo ofrecen nesta cuarta edición unha mesa redonda na que se reflexionará sobre planificación cultural e desenvolvemento local. O evento, que se celebrará o vindeiro sábado 29 de novembro a partir das 17 horas, contará coa intervención de catro membros do Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental, SEPA INTEREA da USC: Carmen Morán de Castro (Profesora do Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social), María Dolores Candedo Bunturiz (Profesora da Facultade de Educación), Francisco Xosé Candia Durán (Profesor do Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social) e Laura Cruz López (investigadora). O acto estará presidido polo Director Xeral de Turismo, Rubén Lois González.
A organización prega confirmación de asistencia nos teléfonos 607 794 818 e 981 727 778, ou mediante correo electrónico a info@casadetrillo.com.

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca