BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 13/10/2019
Actualidade
16-08-2010

21 de agosto en Baldaio (Carballo)

XIII FESTA DO BERBERECHO

O berberecho da marisma de Baldaio volve ser protagonista este sábado en Imende. A partir das 13:00h poderá degustarse este bivalvo ao vapor, en salsa ou en empanada para xuntarse coa sesión vermú ás 14:00 h amenizada pola orquestra Ceniza. Pola tarde, ás 19.30 h, actuarán os grupos de baile tradicional Bilitroque (A.C. Arume de Verdillo) e Donaire (A Coruña). E para rematar a festa gran verbena a cargo da Orquestra Ceniza. Unha inmellorable ocasión para saborear os berberechos de Baldaio!

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca