BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 25/08/2019
Actualidade
20-08-2010

Feira literaria de Carballo do 26 ao 29 de agosto

PRAZA DOS LIBROS

O 26 de agosto xuntaranse na praza do concello de Carballo a habitual feira dos xoves e o comezo da Praza dos Libros co pregón inaugural de Yolanda Castaño ás 13.00h. Serán catro días de contacontos, música, monicreques, libros, regeueifas, maxia, presentacións e outras propostas que encherán de imaxinación e creatividade o Xardín Municipal. Todos os libros mercados na Praza dos Libros terán un 10% de desconto e incluirán a participación nun sorteo diario dun lote de libros. Ademáis na fin de semana tamén terá lugar unha nova edición de Berocasión, a feira do vehículo de ocasión de Bergantiños situada no Rego da Balsa de Carballo. Agosto en Carballo remata cargado de actividades!

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca