BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 13/10/2019
Actualidade
11-10-2010

O vindeiro sábado día 23 de outubro

RUTA POLAS IGREXAS ROMÁNICAS DA RÍA DE CAMARIÑAS

O Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM) organizará o vindeiro sábado día 23 de outubro unha ruta polas igrexas románicas da ría de Camariñas. O autobús sairá da Praza do Concello de Vimianzo ás 10 da mañá para iniciar a ruta polas igrexas de Santa María de Xaviña, no concello de Camariñas; Santiago de Cereixo, no concello de Vimianzo; San Pedro de Leis, San Martiño de Ozón e San Xulián de Moraime, no concello de Muxía. Farase unha parada para o xantar nos Muiños (Muxía). Os que desexen participar poden informarse no enderezo electrónico mreylema@terra.es ou chamando aos teléfonos 981 719 358/658 634 042 (pola tarde) ata o día 18 de outubro. A que agardas para anotarte as prazas son limitadas !!

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca