BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 25/08/2019
Actualidade
29-10-2010

Durante outubro e novembro

CICLO VENRES TEATRAIS NA LARACHA

Comeza unha nova edición do ciclo ‘Venres teatrais’ do Concello da Laracha con 5 representacións que se levarán a cabo na Casa da Cultura da Laracha durante os meses de outubro e novembro. Os espectáculos que se van a representar son: - 29 de outubro: O día do pai,de Malasombra Producións - 5 de novembro: RRHH (O método), de O aturuxo de Melpómene - 12 de novembro: Volpone, de Talía Teatro - 19 de novembro: Frantasmas, de Acontrabutaca Producións - 26 de novembro: Razóns de peso, de Pinguela Teatro A entrada é libre e totalmente gratuíta para todas as persoas que desexen asistir á representación que principiará ás 21.00 horas na Casa da Cultura da Laracha.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca