BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 07/12/2019
Actualidade
19-10-2010

Seminario para a mellora do posicionamento das empresas turísticas en Internet

TurisTic Costa da Morte

A Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) organiza o curso TurisTic Costa da Morte “Seminarios para a mellora do posicionamento turístico en Internet”. Destinado a empresarios do ámbito turístico ofrecerá as ferramentas necesarias para mellorar a promoción, difusión e comercialización dos seus establecementos a través de Internet. Para facilitar a participación do maior número de persoas, o curso será o luns 25 en Cee e o mércores 27 en Carballo e entre os poñentes estarán Daniel Cerqueiro, Xerente da empresa corcubionesa Galinus Taller de Novos Medios, Manuel Pan, de Abertal,e Susana Alvite, de Hexis Comunicación. A inscrición pode facerse no teléfono 981 70 61 63 ou enviando un correo a info@aptcm.es e o prazo remata o venres 22 de outubro.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca