BUSCADOR






23º Año - 5ª Época - 17/06/2019
Actualidad
28-07-2015

La Plataforma por la defensa del sector lácteo gallego convoca una mobilización para el 1 de agosto y publica su manifiesto

 mobilización en Santa Comba o vindeiro 1 de agosto para tódolos colectivos en apoio ao sector gandeiro.

La Plataforma por la defensa del sector lácteo gallego se reunió el lunes, 27 de julio, a las 11 horas en el multiusos del Ayuntamiento de Santa Comba para consensuar medidas para mobilizar a la población de la comarca de Xallas.                            

A la reunión asistieron representantes de los ayuntamientos, productores, consumidores, fabricantes de pienso, cooperativas, sindicatos, partidos políticos, etc, de los ayuntamientos de Santa Comba, Mazaricos, Negreira, A Baña, Val do dubra, Trazo, Vimianzo, Zas, Dumbría, Muxía, Carballo, Laracha, Coristanco, Ponteceso y Cabana de Bergantiños.        
                                                                

La propuesta acordada ha sido hacer una concentración de tractores en Santa Comba a las 12 del 1 de agosto, en el multiusos. Los comercios cerrarán en todos los ayuntamientos de 12 a 14 horas. Se hará una marcha a pié a las 13 horas desde el multiusos al Ayuntamiento de S. Comba, donde se leerá un manifiesto reinvindicativo. Se convoca a los ganaderos de la comarca a una asamblea informativa el próximo jueves 30 de julio a las 12 horas en el multiusos de S. Comba. 



MANIFESTO FUNDACIONAL 

A Plataforma de apoio ó sector lácteo galego reuniuse o, 14 de xullo, ás 16 horas no edificio CERSIA de Santiago de Compostela para consensuar  medidas urxentes para solucionar a grave situación dos produtores de leite.                                                                            
A reunión asistiron representantes
dos produtores, consumidores, fabricantes de pienso, cooperativas, sindicatos, partidos políticos,etc.   
Disculparon a súa asistencia representantes de industria, distribución e fabricantes de maquinaria e zoosanitarios, mostrando o seu apoio e asistencia a futuras reunión.


Santiago, 14 de xullo de 2015.- Na reunión consensuouse un manifesto de medidas para solucionar os graves problemas polos que atravesa o sector, coas seguintes propostas a corto prazo:  
1.1 Garantir a recollida de todo o leite producido, e prezos  que cubran custos de produción.
1.2 Cuantificación do excedente lácteo e xestión do mesmo a través dos mecanismos de intervención, almacenamento privado e envío a axuda humanitaria.
1.3 Mecanismos para clarificar os movementos de leite e derivados no mercado supervisado polo ministerio, con balances mensuais áxiles. O mesmo tempo, poñer en funcionamento medidas para compensar os posibles desequilibrios do mercado, con implicación da Fenil.
1.4 Posta en marcha inmediata de medidas de acompañamento do paquete lácteo, que fagan áxil a defensa xurídica nos casos de incumprimento dos contratos.
1.5 Posta en valor do leite con orixe galego, pateurizado e ecolóxico e impedir o uso que está facendo a distribución do leite como produto reclamo.
1.6 Deseñar folla de ruta para lograr os obxectivos para os cales foi constituída a plataforma, que pasan por:  
1.7 Involucrar á Administración Autonómica, á máis alta representación política, así como a todas as forzas políticas, na consecución destes obxectivos.
1.8 Apoiar a manifestación proposta para o vindeiro dia 17, que discorrerá polas rúas de Santiago de Compostela.
1.9 Dar un prazo de dez días hábiles á Consellería do Medio Rural e Mar para que comece a solucionar os problemas que padecemos, e no caso de non obter resultados nese prazo: Elaboración dun calendario de mobilizacións e medidas de presión mais alá da manifestación do 17 en Santiago.  

As propostas para o medio prazo son:  

2.1 Regulación da figura dos primeiros compradores de modo que sexan verdadeiros operadores loxísticos (que aporten algún valor na cadea) e non meros intermediarios. Débese esixir un aval por un importe mínimo do importe equivalente a tres meses do volumen comercializado e o valor que aporten á cadea alimentar debe ser algo máis co mero filtrado ou hixienizado.    
2.2  Necesidade de recuperación do consumo.   Impulso do programa de leite escolar que permita unha mellora da imaxe do leite e os produtos lácteos e un aumento do seu consumo nun fragmento de poboación máis xove.   Involucrar ó Magrama e os distintos prescriptores de opinión, médicos, educadores, etc na consecución deste obxectivo.  
2.3 Estabilizar as relacións entre os distintos axentes da cadea láctea.   A Interprofesional láctea galega e o contrato lácteo son elementos básicos de estabilidade e vertebración sectorial. A fixación de índices de referenciación de prezos  basados no Inlac e no Observatorio galego de prezos do leite para o seu uso de forma xeneralizada nos contratos lácteos.    
2.4  Posta en valor da Lei da cadea alimentar.   As xustificacións da lei son interesantes pero non teñen medidas de acompañamento que a fagan operativa. Cando se producen desequilibrios no cumprimento da lei a AICA demostra ser inoperativa na xestión das sancións. As sancións impostas deben ter publicidade suficiente e o importe das multas deben repercutir no colectivo perxudicado.  
2.5  Aposta por unha verdadeira negociación colectiva dos elementos do contrato a través das organizacións de produtores tal e como o paquete lácteo permite.   Desenvolvemento da figura do mediador, figura da administración que debe vixiar que se cumpra a legalidade á hora de formalizar os contratos e que a negociación se produza en condicións de igualdade.      

Grazas polo voso apoio

Descargas

Deja aquí tu comentario








Hemeroteca