A asociación O Canle, de Lira (Carnota), organiza estes días unha nova edición das Xornadas Internacionais de Cultura Tradicional; desta volta adicadas ao mundo do mar e ao desastre do Prestige, baixo o título de Efecto Prestige: o mar da vida e os seus ámbitos . As Xornadas cocinciden coa presencia en Lariño da carpa de O país de Nunca Máis, na que se darán cita uns 250 artistas con exposicións, actuacións musicais e representacións teatrais.