![]()
|
|
Este pasado día 26 as mancomunidades de montes de tres municipios mantiveron un encontro no concello de Carnota. Información
ofrecida por
Radio Nordés-Cadena Ser
A xornada foi auspiciada polo concello de Carnota e contou coa presencia do titular da concellería de medio ambiente deste municipio. Ó encontro asistiron comunidades de montes de Mazaricos, Muros e Carnota. Segundo unha nota de prensa remitida polo concello carnotán, o acto comezou cunha intervención do tenente alcalde do concello carnotán Manuel Noceda, quen explicou as necesidades das comunidades de montes de rentabilizar as súas accións. Pola súa banda o concelleiro de medioambiente patrimonio e relacións veciñais deste mesmo municipio, Marcelo Saborido, avogou tamén polo consenso das comunidades de montes e pola necesidade de resolver os problemas específicos, ofrecendo a colaboración do seu concello para a resolución deses problemas. Manuel Noceda, tenente alcalde en carnota, quixo facer hincapé na boa actitude dos mancomuneros para co asunto do gando mostrenco, e na necesidade deste diálogo para a resolución do problema. Entre os temas tratados o longo da xornada tratouse o tema da fiscalidade dos montes en mancomun, o asociacionismo, o problema do gando mostrenco e o caso do barbanza onde o problema do gando mostrenco esta a ser tratado de cara a súa resolución, adecuando o gando a unha normativa que obrigue os propietarios do mesmo a ter un seguro de responsabilidade civil dos animais e a que este estea saneado. Posteriormente os presentes tiveron espacio para presentar varias preguntas que principalmente se centraron en dous temas, os incendios e as medidas de prevención destes e a fiscalidade e os deberes formais das mancomunidades de montes. Familiares dos desaparecidos do Zafir Os familiares dos desaparecidos na traxedia do mercante Zafir, declararon recentemente que despois de confirmado o feito do falecemento dos seus familiares, o seu maior interese nestes intres centrase na recuperación dos cadáveres. A muller do primeiro oficial deste barco afirmou na Ser que si fose preciso se fondearía no lugar do afundimento antes de voltar a Galicia sen o corpo do seu home.
NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER!!!
|
|
||||||||||||||
Para
subscribirse ao boletín de finisterrae.com:
|