entra e xoga Visita o noso espacio
A Liga da Costa na Rede Siga a Liga da Costa na Rede
Quere chegar á fin do camiño? O Camiño a Fisterra e Muxía

Clasificacións, partidas, ... Especial sobre Xadréz

como pensamos? Opinións desde o Finisterrae


Campaña para salvar os penedos da Costa da Morte

Web-cam da TVG

- Nº 114
conhezanos mellor

 
compre a sua obra 

XA SE ESTÁN A PREPARAR A ACTIDADE CULTURAL DO VERÁN DO 2000.

A organización da Mostra do Encaixe de Camariñas e da Mostra da Olería de Buño xa están en marcha.

Información ofrecida por Radio Nordés-Cadena Ser

Con poucos cambios con respecto a pasadas edicións preséntase este ano a Mostra do Encaixe de Camariñas.

Unha edición mais contará cos pavillóns representativos tanto de artesanía como de internacional cos que cada ano da cabida á promoción do encaixe doutros paises, coma por exemplo Italia, República Checa ou Reino Unido. Tamén un ano máis, a case que habitual representación de actos xa esperados, coma a cuarta edición da Bandeira de Bateis Mostra do Encaixe ou os concursos de xoves e grandes diseñarodes encheran a pasarela camariñá, coas propostas, no caso dos xa consagrados, de Oky Koky, Antonio Pernas ou Carmen Pichel, vestindo as máis importantes modelos do panorama galego.

Unha mostra que este ano xa acada a denominación de habitual e incluso familiar, pero que non por eso perde forza e chamada para co público tradicional deste evento, que de seguro voltará a encher, nesta ocasión do 20 ó 23 de abril, o salón de exposicións da Vila do Encaixe. En total serán novamente máis de 100 expositores tanto de encaixe coma de outras artesanías, e de seis países xunto con outras rexións españolas, os que ensinaran nesta edición as súas prendas, por suposto, en aberta posta á venda. En verbas de Antonio Alonso, director da Mostra Camariñá, esta edición é 'un ano máis de traballo, en aras de facer rendible o mundo do encaixe, e na busca de saídas a esta artesanía, fora de Camariñas'.

Asimesmo tamén se está a organizar a Mostra da Olería de Buño, que terá lugar entre o 12 e o 20 de agosto, no recinto feiral da Casa do Oleiro de Buño. Nesta edición preténdese darlle un novo impulso á nova imaxe da Olería, que xa se iniciou na pasada edición, e que tivo grande aceptación, sobor de todo sobre a clientela.

Pois como poden vostedes ver, xa pode ir escollendo as datas nas que viaxar á Costa da Morte, e facer coincidir as suas vacacións con outros moitos actos que se celebrarán na zona, como poden ser o Festival da Carballeria de Zas, as festas variadas da zona, etc.

Xa o sabe...

NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER!!!

 

Novas do 1997

visítenos
visite os nosos anunciantes

Novo caso de Meninxite vírica en Vimianzo

Un novo caso de meninxite vírica detectado no colexio San Vicente de Vimianzo volta a facer salta-la alarma entre os pais dos alumnos, polo que a APA do colexio reunirase para tomar as medidas que procedan ante este novo brote. Celestino Fernández, director do colexio, afirmou que na reunión dos pais podería tomarse algunha decisión o respecto de chegar a pechar o colexio.

Industria ameaza

A consellería de industria ven de confirmar que no caso de que veciños e empresa vinculados na construcción de parques eólicos non se poñan de acordo o respecto da cesión de terreos, este organismo podería obtar por expropiar estes terreos, en virtude a lei que protexe este tipo de instalacións por ser ben de utilidade pública.

Accidente en Fisterra

Continúan en estado grave os dous xoves fisterráns accidentados este pasado sábado en Fisterra ó colisionar a moto que pilotaban contra dun muro. Ruben Fabregas, de 16 anos, presenta traumatismo cráneo encefálico e múltiples fracturas e Davinia Marcote, tamén de 16 anos, ten tamén traumatismo cráneo encefálico. En ámbolos dous casos o pronóstico e de moi grave, e témese polas súas vidas.

+
Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Para subscribirse ao boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com

Lugares de interés
Espacios Naturais
Que facer?
Lendas, historia,...
Aloxamento e mais
Economía
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com