|
NACE
O PRIMEIRO DIARIO DEPORTIVO COMARCAL EN INTERNET.
Froito
da colaboración entre Radio Nordés-Cadena Ser
e Abertal Comunicacións, responsable de finisterrae.com,
sae á luz o primeiro Diario
Deportivo Comarcal de Internet.
Redacción

O que empezou sendo un espacio de información que
se renovaba cada quince días, e que cubría a Liga
da Costa de Futbol, correspondente á 2ª e 3ª
rexional, hoxe en día é un espacio onde se ofrecen
novas diarias sobre todos os eventos deportivos da Costa da
Morte, e que cubre Marco Antonio Sande desde a sede de Radio
Nordés en Vimianzo.
En
vistas do interese suscitado pola sección de deportes
deste espacio, decidimos de amplialo e así facerlle chegar
a todos aqueles que están lonxe, a posibilidade de que
poidan coñecer todo o que está a ocurrir a nivel
deportivo na Costa da Morte.
Este
espacio vese tamén apoiado pola sección de xadrez,
que actualmente é xa referencia para todo o xadrez galego,
ofrecendo novas puntuais de partidas, xogadores, festas e novidades
sobre este deporte a nivel da Costa da Morte e tamén
a nivel de Galicia.
Esperamos
que estes espacios, así como outros que temos á
súa disposición sirvan para satisfacer moita da
damanda de información que estamos a percibir neste espacio,
e recordámoslles que non dubiden en vir a coñecer
as nosas fermosas comarcas, que como poden ver, agora diáriamente,
teñen moito máis que unha historia importante
e paraxes fermosas, tamén conta cunha actividade vital
importantísima.
|