Un
ano máis, e demostrando unha grande eficiencia e esforzo,
a Asociación Cultural Monte Branco de O Couto, volvenos
a ofrecer unha nova edición do Simposio Pondaliano.
Durante
o mes de outubro, poderemos disfrutar de unha serie de ponencias
adicadas a darnos a coñecer mellor a vida e obra do
noso bardo, así como a situación social e sociolóxica
na que se sitúa. Como cada ano, o nivel dos ponentes
é altísimo, e prevense uns resultados máis
que satisfactorios para todos os asistentes.
Tendo
en conta que esta actividade está homologada como trinta
horas de formación pola Xunta de Galicia, é
aínda maior o aliciente para que vostede se achegue
ás terras de Bergantiños desde calquera parte
de Galicia.
Acompañan
ás ponencias, interesantes concertos de Roi Casal e
Cantaruxas, un recital poético do ilustre Manuel María,
e incluso un Percorrido Pondaliano pola cidade de A Coruña,
acompañados por Felipe Senén e Manuel Ferreiro
(Real Academia Galega, Arquivo do Reino de Galicia, Academia
de Belas Artes e Cidade Vella).
O
Título do Simposio do ano 2000 leva por título
"A LITERATURA DO REXURDIMENTO", e por eso se escoitará
falar de Curros e de Labarta, e outras moitas cousas interesantes
do século pasado.
Como
pode ver, na nosa zona, sempre lle podemos sorprender con
actos tan importantes como este, por eso non deb de deixar
de visitarnos tamén no inverno, cando a actividade
cultural florece por todos os currunchos da Costa da Morte.