|
|
UN
SÉCULO DE HISTORIA DA FOTOGRAFÍA NA COSTA DA MORTE
Ramón
Caamaño ven de recibir un galardón de honra do premio de fotografía
Luis Ksado.
|
Información
ofrecida por: Radio
Nordés-Cadena Ser (92.2 FM)
Ramón Caamaño é un dos primeiros fotógrafos
que retratou a fermosísima Costa da Morte e as súas
xentes. Era o ano 1925 e polas rúas de Muxía
sacaba fotografías Moncho un rapaz de 17 anos que xa
comenzaba daquela a dar os seus primeiros pasos no mundo da
fotografía.
'Un
día en Corcubión púxenme un día
a contar as miñas fotografías e contei 7.000',
confesaba Ramón o pasado mércores no programa
de radio Vivindo a Costa da Morte. Fotografías
repartidas en varias habitacións da súa vivenda
e das que moi pronto todos poderemos admirar. Será
en xaneiro do vindeiro ano cando O Museo Ramón Caamaño
abrirá as súas portas. Ubicado en Muxía
este museo non só terá miles de fotografías
súas senón tamén obxetos personais deste
fotógrafo como a petaca que mercou cando tiña
8 anos. A súa nai enterouse de que el e outros compañeiros
da súa escola, para facerse homes, fumaban as colillas
que tiraban os mariñeiros, e para que non o fixera
máis doulle a Ramón unha peseta para que mercara
tabaco 'limpo'. Moncho coa nova petaca fumou un pitillo tras
outro e pillou tal borracheira que dende ese momento non voltou
a fumar un pitillo.
Ramón
ven de recibir un galardón de honra do premio de fotografía
Luis Ksado, galardón do que se sinte moi orgulloso,
aínda que non é o único premio deste
home tan simpático que dentro de moi poucos días
cumprirá 92 anos. El confesa que cada ano que pasa
as súas festas de cumpreanos son cada vez mellores.
Se
vostede o desexa pode mercar
o libro da súa vida na rede.
|
NA COSTA DA MORTE, HAI MOITO QUE VER!!!
visite os nosos anunciantes
|
|
ULTIMA
HORA
O venres 3 entre as 12 e a 1 da madrugada, radiointernet.fm
adicalle un programa a finisterrae.com.
Tamén
ofrecemos unha nova opinión
de Pepe de Lou, que non ten ningún desperdicio.
|
|
|
O
WEB COSTA DA MORTE PREMIADO DE NOVO
O
pasado venres na feira do turismo profesional de Galicia,
Ferpalia, a Costa da Morte recebeu dous dos tres premios
a Espacios Turísticos na rede, o primeiro para
o Museo do Encaixe
de Camariñas
e outro para o Web Costa da Morte.
|
|
|
INFORMACION
DE NOVOS ESPACIOS
Esta
semana: A empresa Unijoven organiza viaxes
guiadas cunha xornada na Costa da Morte desde Madrid,
Castellón e Santander. Tamén o portal ociototal.com
ofrece información, recomendando varias veces
este web que vostede está a visitar. Engadimos
tamén unha opinión
de Clodio González sobre o libro A arquitectura
megalítica da Costa da Morte. E como non unha recomendación
en El Mundo.
|
|
|
|
|