|
|
A XUNTA SO VAI INVERTIR DEZ MILLONS DE PESETAS NA A COSTA DA MORTE NO
2001.
Os
presupostos autonómicos, aprobados recentemente no parlamento
galego, consignarán tan so 10 millóns de pesetas, coma
cantidade a investir na zona.
|
Información
ofrecida por: Radio
Nordés-Cadena Ser (92.2 FM)
A cantidade en cuestión, irá destinada
á realización do anteproxecto da estrada entre Baio
e Santa Comba. Esta
paupérrima inversión, ven de provocar un enorme malestar,
tanto na clase política coma na social da bisbarra, que expresou
ó longo da semana o seu parecer o respecto desta inversión.
Nula
interese, patético, ou falta de coñecemento, son algúns
dos calificativos que lle ven de dedicar a oposición a esta
inversión, que deixa fora cuestións coma, por exemplo,
a ampliación da autoestrada ata Fisterra,
melloras portuarias, o parque empresarial en Vimianzo,
obras en saneamento, ou inversións en educación e servicios
sociais.
Asi
as cousas, cos vinte pesos que lle tocan a cada un dos máis
de cen mil habitantes da bisbarra, deberíanse acometer
reformas coma o novo deposito de augas en Muxía,
as melloras estructurais en campos coma estradas locais e
comarcais ou reformas forestais, ou a tan cacarexada dende
todas as frontes chegada do tren a nosa bisbarra. O grupo
parlamentario socialista, por medio dun voceiro, afirma que
'a vida ós membros do Grupo Popular debe de irlle moi
ben, pero os mariñeiros e agricultores da Costa da Morte,
seguen sen sair da sua crise'. Dende a outra forza maioritaria
da oposición, o BNG, cautela indicana ata coñecer a integridade
do texto, aínda que de certificarse esta única
inversión, calificase coma patética, a actuación de goberno
popular, para esta bisbarra.
|
NA COSTA DA MORTE, HAI MOITO QUE VER!!!
visite os nosos anunciantes
|
|
Finisterrae.com está proposto
para os premios iBest 2001, entra e vótanos.
Gracias.
|
|
|
REGALE
FOTOS DA COSTA DA MORTE NESTE NADAL
Foto
Fuentes, decide dar o paso, e ofrecelle a posibilidade
de mercar as fotos da Costa da Morte. Decídase
e regálelle
aos seus as fotos desta fermosa zona. Seranlle enviadas
por correo, co aval da seriedade demostrada por esta empresa
ao longo dos anos.
|
|
|
V
ENCONTRO DE TEATRO DE CAMARIÑAS
O
26 de decembro, ás 17:00h. Os Quinquilláns con 'Gulliver';
O 27 de decembro, ás 20:00h. Teatro do Curro con ¡Qué
veñen os cómicos!; O 28 de decembro, ás 20:00h. Dequenquén
con 'Aquí non paga ninguén'; O 29 de decembro, ás 17:00h.
Talía Teatro con 'Menos Lobos'; O 30 de decembro, ás 20:00
h. Teatro Ullán con 'Mafia'; O 31 de decembro, ás 17:00
h. Títeres Cachirulo con 'Pinochio'. Todas as obras se
celebrarán na Casa de Pedra (Camariñas)
e na Praza do Concello, si chove no Pavillón Municipal,
a entrada será GRATUITA.
|
|
|