Unha vez seco o barro, introdúcense nunha pía os cachotes  ("barro de corpo", "zorra"), segundo as proporcións da peza a realizar, e golpéanse co pisón ata que o barro se "solte" da pedra. Antigamente o pisado realizábao unha muller auxiliar. Hoxe faino o propio oleiro cunha machacadora eléctrica ou unha pisadora de cilindros. Logo procédese ó cribado, a eliminar as areas grosas coa peneira, co baruto ou co cribo, cada un deles de distinto calibre de trama. O cribado realízase enriba dunha bacía, na que queda depositado o barro. 

Situación/ Pezas/ Oleiros/ Tipos