 
O modo tradicional de extracción do barro,
manual e traballoso, realizábase desde o comezo do verán
ata finais de agosto, época na que o barro posúe menor humidade.
Cun legón cavábase un barreiro (pozo) ata encontrar a veta
de arxila. Se a capa de arxila era pouco profunda abríanse unhas
galerías ("capillas") no barreiro. Cando este tiña moita
profundidade, os cachotes extraíanse nun cesto ou caldeiro tirado
por unha corda. No exterior estivábase a morea de cachotes. Na actualidade,
as vetas son descubertas por pas mecánicas, facilitando así
o abastecemento de barro para varios anos.
Situación/
Pezas/ Oleiros/
Tipos
|