O
turismo será o protagonista nesta ocasión dunha nova edición
de 'Descubrindo Milenios', programa que pretende dar a coñecer
a Costa da Morte, neste caso en Laxe.
O
sábado 29 terá lugar un encontro, condensado nunha única xornada,
que dará comezo ás once menos cuarto da mañá cunha conferencia
inaugural impartida por D. Xesus Pardo Quiroga, e na que leva
por título 'A promoción ideal e real do turismo na
Costa da Morte'.
Unha
realidade da que falaba D. Manuel Suárez, coordenador do programa
'Descubrindo Milenios' da Asociación Neria. Para o Sr. Suárez,
o turismo na Costa da Morte, debe apoiarse noutras ofertas
distintas do sol e a praia, pola evidente climatoloxía cambiante
da nosa terra.
A
xornada continuará con coloquios, comunicacións e máis conferencias,
da man de estudiosos de recoñecido prestixio, coma D. Xan
Fernandez Carrera, autor entre outras obras da Guía
Turística da Costa da Morte, e que fai moi pouco acaba
de editar un mapa de man para informar de como visitar a zona;
D. Evaristo Domínguez rial, falaranos sobre como aproveitar
turísticamente o patrimonio histórico; outro
ponente será o malpicán D. Xose Manuel Varela, que
tamén ven de editar xunto con D. Hector Pose, un libro
de camiños para coñecer o concello
de Malpica.
Xa
ás cinco e media da tarde, darase a saída á excursión coa
que están sempre a rematar estas xornadas. Nesta ocasión os
paseantes, visitarán os lugares histórico - artísticos máis
interesantes do concello Laxense, coma o casco vello da localidade,
ou as localidades de Soesto ou Serantes.