Envielle xa unha mensaxe

Web Cam en Faro Fisterra

Gustouche a Costa da Morte? dillo a tod@s...

conhezanos mellor 4º Ano - 3ª Epoca - Nº 136 - 01/09/2000

· Especiais
· Olería de Buño
· Opinión
· Xadrez
· Camiño Santiago
· S.O.S. Penedos
· Liga da Costa
· Deportes (Diaria)
· Guía
· Lugares
· Natureza
· Axenda
· Onde ir?
· Turismo
· Hoteis
· Turismo Rural
· Campings
· Restaurantes
· A movida
· Mapas
· En Europa
· En Galicia
· Como chegar?
· O tempo
· En Galicia
· Cultura
· Historia
·Batallón Literario
· Eventos
· Simposio Pondal
· Carballeira Zas
· Festas
· Mostra da Oleria
· Xunqueira
· Carballeira
· Tenda
Todos os libros sobre a Costa da Morte, venta on-line.
compre o mellor encaixe e os complementos
· Tenda de Marilá
· Cambon´s Shop
· Pintura
· Concellos
· Cabana
· Camariñas
· Carballo
· Cee
· Corcubión
· Coristanco
· Fisterra
· Malpica
· Versións
· English
· Castellano

O Camiño de Santiago a Fisterra

A Multa pola Supertasa, ameaza con pechar máis de dez mil explotacións leiteiras en Galicia.
A situación vai de mal en peor.

Información ofrecida por Radio Nordés-Cadena Ser

Foto FuentesDe mal en peor. Asi vai a situación ó respecto dos problemas derivados do pago da multa pola supertasa e do reparto da cota leiteira para esta campaña. Para colmo de males, o conselleiro de agricultura, Castor Gago, impedíu o mércores o paso do Sindicato Labrego á reunión do sector na Consellería.

Este sindicato presentou xa unha demanda xudicial pola acción do conselleiro, que consideran vulnera o seu dereito á acción sindical. A explicación do conselleiro, para a Cadena SER, vai aínda máis alá, Castor Gago considera que tanto o Sindicato Labrego coma o BNG, están instigando ós gandeiros a saltarse a sua cota de leite. Así as cousas, a incertidume ábrese entre os gandeiros.

O único acordo saído da reunión do mércores, foi o de constituir unha comisión que vixile mensualmente que se están a cumprir as cifras da cota, para impedir que esta diferencia se dispare, como sucedeu este ano.

Unha medida esta que si ven podería axudar a solucionar esta situación na vindeira campaña, non resolve o problema derivado da multa deste ano, que alcanzaría os 2.200 millóns de pesetas. Tamén quixemos coñecer máis datos que lles poidan servir para darse conta da repercusión destas cuestións na bisbarra.

Segundo datos oficiais da Xunta de Galicia, na nosa bisbarra existen, agárrense, 3.734 expolotacións gandeiras. Non todas teñen o mesmo número de animais, aínda que por concellos, a palma levaa Mazaricos, con 891 explotacións, seguido por Vimianzo con 804 e Zas con 667. O concello que menos número ten de explotacións é Corcubión, onde existen 14 centros de explotación gandeira.

Tamén é resaltable o dato de que no seguimento anual da Consellería, o único concello que non perdeu explotacións nos últimos anos foi Corcubión, que mantén o mesmo número desde o 95. Noutros lugares, coma Vimianzo, nos últimos cinco anos, pecharon casi cen explotacións, 98 para ser exactos, mentres en Zas, 67 foron os centros perdidos.

NA COSTA DA MORTE, HAI MOITO QUE VER!!!

Novas do 1997

 

visítenos visite os nosos anunciantes

Non deixe de vistar CASA O CRUCEIRO. Toda unha casa para alugar, ideal para grupos que queiran estar completamente ó seu aire.

PREPARASE A FESTA DA BARCA

A vila de Muxía está a realizar todos os preparativos necesarios para recibir a milleiros de persoas que chegarán desde todos os puntos cardinais, para participar na festa por excelencia. Moitos chegarán para participar na romería que comezará coa noite do sábado día nove, e rematará coa luz do domingo, outros chegarán para asistir ó Santuario da Virxe da Barca.
NON SE PERDA ESTA FESTA.

A Mostra da Olería de Buño rematou con grande éxito de vendas e de público.

OS PERSOAXES DE MAREAS VIVAS NA REDE

Esta afamada serie da TVG, que reflexa as vidas da Costa da Morte, en concreto da ficticia vila de Portozás, ten na rede un espacio onde se realiza unha sinopse da mesma, ademáis de ofrecer información sobre os personaxes da serie e os seus capítulos. Moi recomendable para todos os seguidores desta serie que tanto fixo por dar a coñecer a nosa zona.

O espacio do Xadrez recibe amplos recoñecementos tanto pola prensa especializada como polos afeizoados de todo o país, a A.D. Xiria está a facer un bo traballo.

+

Estos son os anunciantes da revista turística FINISTERRAE

Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Para subscribirse ao boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com

Feito da man de Abertal
Información : info@finisterrae.com