Un nutrido grupo de autoridades políticas, e 18 artesáns
de diversas disciplinas están a participar dende o Venres
15, no salón dos oficios artesanais, que se celebra na localidade
de Flaurient-Lambert, na Bretaña
Francesa.
A
visita en si, non queda no meramente representativo, senón
que dende fontes da propia Asociación Neria, se enmarca este
periplo, coma unha magnífica e histórica posibilidade
de coñecer de que maneira se explotan os recursos naturais
para a obtención de beneficios económicos por medio do turismo.
A
Bretaña Francesa, e os concellos que a compoñen, veñen desenvolvendo
diversos programas orientados a explotación deses recursos,
a vinculacion de oficios artesáns coma recurso de atractivo
turístico fai mais atractiva se cabe a visita.
Por
certo que Radio Nordés - Cadena SER, emitirá
dende esta localidade francesa o programa 'A Cancela',
o que constituirá a primeira emisión dende o estranxeiro
dunha emisora de radio na nosa bisbarra.
A
Asociación Neria, é unha entidade supramunicipal
que foi xestora dun plan Leader II da Unión Europea,
e na actualidade está tentando que a Costa
da Morte se beneficie do programa Leader Plus. Esta entidade
está dirixida por D. Xulio Díaz, sendo o secretario
D. Xan García, o cal tamén está dirixindo
outro proxecto na zona chamado Asoem.net,
este proxecto está tamén patrocinado pola UE
dentro do Programa Recite II, este proxecto foi concedido
ó Instituto de Desenvolvemento da Artesanía,
Cultura e Patrimonio (IACP), do cal é presidente
o citado D. Xan García Pouso.