Coast of Death  
Costa de la Muerte   
Côte-de-la-Mort  
Küste von Tod 
 
 
 
 
 
 
Expertos internacionais celebrarán en Camariñas Congreso mundial sobre o Arao
  Ave da Costa da Morte en alerta vermella
 

Ponte do Porto. Xosé Manuel Lema. 
Correspondente Costa da Morte Web.  
 

 Os responsables da Sede Central da Arao Foundation en Georgia - Usa, José Manuel Suárez e Patt Joyce, informaron que a localidade de Ponte do Porto, no concello español de Camariñas, será o marco onde se desenvolverá durante o vindeiro verán o primeiro congreso internacional do arao dos Cons, e lugar onde se dan cita delegacións da fundación en Estados Unidos, Suiza, Arxentina, Alemaña e Portugal ademais de unha representación de naturalistas e amigos de esta ave procedentes desde distintos recunchos de Galicia. 

Esta decisión está motivada polo recente nomeamento do presidente do Colectivo porteño P.X., Rafael Lema, como presidente da Arao Foundation. Outro dos factores é que este ecoloxista dedícase a elaborar o censo de araos do cabo Vilán -Camariñas e Illas Sisargas- Malpica que por primeira vez en trinta e sete anos romperon a súa liña descendente, xa que nestas costas habita o arao ibérico, subespecie do arao común, e do que só quedan especies nestas dúas zonas e nas illas Berenguelas de Portugal.  

O arao ibérico está na alerta vermella ecolóxica, unha escala máis arriba cá vía de extinción, ou sexa que está destinada, salvo accións especiais, á desaparición.  

Con este congreso tódolos amigos do arao do mundo pretenden chamar a atención sobre esta problemática e estudiar posibles actuacións para que o arao ibérico se conserve.  

O master en xestión ambiental e presidente da Arao Foundation, Rafael Lema, dixo que as causas da mortandade deste álcido eran varias, entre as que destacaba a contaminación mariña, o mal uso das artes do palangre e das volantas, e a acción depredadora doutras aves como as gaivotas claras que comen os poucos ovos que os araos poñen.  

 

 Hai hoxe oito dias...
 
  
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
  
Feito da man de Abertal
Informacións, suxestións e críticas a : costadamorte@finisterrae.com