Congreso de asociacións xacobeasCongreso de Asociacións Xacobeas.
Congreso de semióticaComo asistir ó congreso de semiótica
Vº Simposio Pondaliano Vº Simposio Pondaliano
1999.
- Nº 95
conhecenos mellor
 
 

A Costa da Morte será un dos escenarios do Congreso Internacional de Semiótica

Os 400 participantes visitarán Ponteceso, Muxía, Camariñas e Fisterra.

Información ofrecida por Radio Nordés

O Congreso Internacional de Semiótica reunirá en Galicia durante a vindeira semana catrocentos expertos de todo o mundo, que tamén se achegarán á Costa da Morte. A terceira xornada do Congreso, o mércores 29, inclúe no seu programa os concellos de Ponteceso, Camariñas, Muxía e Fisterra.

A visita á Costa da Morte comezará en Ponteceso e Corme para desprazarse, posteriormente, a Camariñas e ao Cabo Vilán. A comida terá lugar nos restaurantes Catro Ventos e La Marina. Os alcaldes de Camariñas, Fisterra e Muxía serán galardoados coa insignia de ouro da Asociación Galega de Semiótica. Xa pola tarde achegaranse ao concello de Muxía, onde visitarán o Santuario da Virxe da Barca e o mosteiro de Moraime. Ás seis da tarde está prevista a chegada a Fisterra, onde se celebrarán os actos académicos. A igrexa da Santa María das Areas acollerá unha táboa redonda e a ponencia plenaria.

A táboa redonda, baixo o título As tradicións da Costa da Morte, contará coa participación de Manuel Ángel Muro que falará de Finisterre: límite y mar como concepto posmoderno. Manuel Cousillas farao sobre La Costa da Morte: enclave mágico. Torres Queiruga tratará o Futuro da relixión, relixión do futuro e o venezolano Víctor Bravo os Terrores marinos. Ás sete e media, o escritor chileno Jorge Edwards exporá a súa ponencia sobre o milenarismo.

 

NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER!!!

Novas do 1997


visite os nosos anunciantes

Premio Literario

O poeta ceense Miro Villar resultou finalista do Premio Tívoli Europa, na cidade italiana do mesmo nome, coa súa obra Equinoccio de Primavera, un galardón que xa obtivera o pasado ano con Abecedario da desolación.

Escola de Verán

A XII edición da Escola de Verao da Comarca Neria (organizada polo Movemento de Renovación Pedagóxica 'Jornadas da Lingua'), Celébrase este ano en Camariñas. Pretende dar a coñecer as novas técnicas didácticas ós docentes da bisbarra e ensinar ós nenos a empregar adecuadamente o seu tempo libre. O MRP organiza tamén a Universidade Popular de Corcubión.

Feiras do Automóbil

Os empresarios de Cee organizaron a Primeira Feira do Automóbil Novo e de Ocasión na fin de semana do 18 e 19 de setembro. Pola súa banda, a asociación empresarial Comarca de Soneira celebrará, o 25 e 26 deste mes a cuarta edición de Feirauto en Baio (Zas).

+
Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Para subscribirse ao boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com

Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com