|
Radio
Nordes-cadena ser, cumpre un ano...
Radio
Nordés-cadena SER, esta de aniversario. Un primeiro ano no que
pasaron moitas cousas...
Información
ofrecida por
Radio Nordés-Cadena Ser
Neste
ano ocorreron moitas cousas, sobre todo para os que traballamos
nesta emisora, que coñecemos cada dia o devir da bisbarra en
todalas frontes, dende a información o deporte pasando pola
actividade, as festas ou a política, protagonista principal
das nosas primeiras horas de emision, por atoparnos coma lembraran
no desenvolvemento dos comicios municipais.
De
tódolos xeitos o primeiro invitado desta casa non foi
un político, senon un escritor. O literato Vimiancés
Manuel Rivas, quixo nesa primeira entrevista, primar o
feito de esta emisora emita a sua programacion integramente
en galego.
Tamén
quixo facer unha primeira valoración, casi premonitoria,
do que para el ía ser a traxectoria desta emisora, e
a súa importancia no contexto social da bisbarra, ademáis
da súa utilidade coma dinamizador cultural na Costa
da Morte.
Pepe
Formoso, Director de Radio Nordés, quixo lembrar algo desta
curta historia, deste ano de traballo, de dedicación
a unha única causa, mantelos a todos ó tanto do
que sucede na nosa terra, comentando por exemplo o dificil dos
inicios, ou o importante da cobertura prestada os comicios municipais,
unha cobertura pioneira na bisbarra. Non rematarán aquí
as celebracións, xa que Radio Nordés prevé
realizar varios programas exteriores nos vindeiros dias, dentro
da celebración deste cumpreanos.
O
aniversario da emisora terá coma colofón a celebración
o vindeiro xullo da gala do deporte, onde se pretende premiar
o traballo neste senso, de clubes, asociacións, e entidaes
en todas as disciplinas deportivas.
|