A
día de hoxe xa son casi cen persoas as que levan pedido
que se lles envíe a revista 'finisterrae'. Esto
danos idea da repercusión que ten este espacio en Internet
que vostede está a ver en canto á promoción
da nosa fermosa zona. Non dubide en visitarnos, !hai moito
que ver!
Hoxe
queremos ofrecerlles varias novas de tipo cultural, para que
decida que é o que quere ver cando se acerque á
Costa da Morte:
·
Exposición itinerante da alemana Verónica Trillo atópase no
Cámping de Estorde, no concello de Cee,
ata o día 27 de agosto.
·
A Casa do Concello de Zas acolle
a exposición itinerante da Fundación Castelao, composta por
40 paneis do escritor de Rianxo, ata o vindeiro día 3 de xullo.
O horario de visitas é de nove da mañán a dúas da tarde.
·
A publicación Pedras Vivas ven de editar o seu número 37,
con diversos temas no seu interior, como poden ser un informe
sobre o paro en Dumbría
ou unha entrevista co presidente da Deputación de A Coruña,
José Luis Torres Colomer.
·
O Concello de Mazaricos
e o Instituto de Desenvolvemento Comunitario de Galicia organizan
un curso de sendeirismo, dirixido a xóves de 16 a 20 anos,
ata setembro, cun total de cen horas, das que se impartirán
5 por semana.