|
AS LETRAS GALEGAS NA COSTA DA
MORTE.
Ao igual que toda Galicia,
a Costa da Morte celebra estas Letras Galegas adicadas a Roberto BlancoTorres.
Redacción
Carballo
Non
cabe dubida de que na Costa da Morte temos un dos centros da cultura a
nivel de todo o pais, e que desde logo ten un enorme mérito, xa que desde
unha aldea de pouco máis de vinte casas, os seus veciños son capaces de
facer de O Couto a referencia nestas datas. Desde o 7 ata o 17
de maio, a Asociación Monte Blanco é capaz de animar á xente da
Costa da Morte, e facelos coñecedores do que está a ocorrer no eido da
cultura, desde os Roteiros Pondalianos, pasando por achegar a recoñecidos
escritores como Fina Casalderey, Xelucho Abella, Xosé Luis Otero Cebral
ou Xosé Manuel Varela os rapaces do colexios. Tamén teñen tempo para editar
a sua revista Terra Bárdica, ou montar a casa da artesanía, crear aulas
da arte, facer homenaxes a Pondal e á propia Fina Casalderey; e como non,
música, pasaremos todos polo Festival Folc, a disfrutar con Bagoa da Raiña,
Atalora e as xeniales pandereteiras Raigañas de Cerqueda.
Como lles decía, hai actos en toda a Costa da Morte e en toda Galicia,
pero de seguro que non podemos deixar de pasar polo Couto, en Ponteceso.
Outro dos puntos fortes destas letras, será Carballo,
xa que coincide coa celebración da Feria do Libro, esperanse celebrar
varios actos paralelos, empezando pola presentación da guía No
Confín dos Verdes Castros de Xosé Manuel Varela, tamén se celebrará
a presentación de A Ermida do Diaño de Xelucho Abella, ou a nova
novela de Asunción Antelo As Penurias dun Amor. Haberá tamén obradoiros
de arte e encuadernación, celebraráse o III Rexoubeo Poético e o XIX Concurso
Infantil de Pintura, estes últimos organizados pola A. C. Lumieira. E
como non, o Concello organiza Dez Horas Lendo, un maraton de lectura,
no que a xente, expontaneamente le ós autores ós que se
lle veñen adicando as letras nestes anos. Dentro da feira do libro,
haberá sorteos de libros todos os días.
Tamén en Malpica,
moitas actividades, musica, libros, teatro: en Vimianzo,
poderemos asistir ó teatro do grupo Badius de Baio,
os obradoiros de cerámica ou participar nos concursos de contos en galego;
en Laxe estará intalado Divertilandia,
moitivimos divertimentos para os máis novos; en Cee
podemos asistir as multiples actividades da semana da letras. E en todos
os concellos da Costa da Morte
en definitiva, poderá asistir a actos todos eles interesantes, adicados
a dar a coñecer a nosa cultura, que hai moito que amosar, tamén durante
todo o ano.
Si non é este ano, si para anos vindeiros, teña
en conta que na Costa da Morte (tamén en maio)...
...HAI MOITO QUE VER.
visite os nosos anunciantes
|
|
A Librería Trazos ofrece
nestas datas un desconto dun 10% .
Durante a Semana das Letras
Galegas, ademáis de presentar dous novos escaparates,
un en galego
adicado a Roberto Blanco Torres, e outro en castelán
adicado os libros máis vendidos. Tamén hai que ter en
conta que estes libros se poden mercar en liña.
|
|
Xa temos máis información
sobor do V Congreso Interanacional
de Asociacións Xacobeas.
Dentro do noso espacio
adicado ó Camiño a
Fisterra e Muxía, podense ver desde hoxe, un boceto
das actividades e como presentar unha ponencia no mesmo.
|
|
Afunde un novo barco en
Fisterra .
O pesqueiro Maria Pilar,
afundiuse a cincuenta metros de Illa Lobeira, aínda que
os seus tres tripulantes foron rescatados sans e salvos, non
deixa de incomodarnos cada vez que un dos nosos barcos se vai
a pique.
|
|
Xa queda menos para saber
quen gañará a Copa da Costa..
Próximos enfrentamentos:
Cee & Lira,
Corme & Milagrosa,
Mazaricos & Outes
e San Lorenzo & Ponteceso.
Pero como non todo e futbol, queremos decir tamén que
Su a Agra de Baio debe gañar para
manterse na 1ª división de xadrez; que o Xiria de balonman
xuvenil proclamouse campión da Copa Delegación; que a equipa
de Alexandra púxose de primeira no torneo de chave de
Bergantiños e tamén que o Xiria de balonbolea gañou o
título galego cadete masculino. E que o vindeiro sábado
15 temos proba do Campeonato Galego de Autocros en Coristanco.
|
|