Este
evento pretende premiar a todas as disciplinas deportivas
que se practican na Costa da Morte, polo seu traballo en prol
de fomentar o deporte, pola sua labor coma formación dos xoves,
ou polos seus triunfos deportivos.
Con
todo, serán máis de 53 premios os que se repartirán na discoteca
'Slava' de Cee,
a partir das nove da noite. Unha celebración a que están invitadas
máis de oitocentas persoas, aínda que todo aquel que desexe
asistir a este evento poderá facelo de forma gratuíta.
Os
nomes máis coñecidos do fútbol, os atletas da bisbarra, os
presidentes dos clubes en tódalas disciplinas, e os responsables
de deportes nos concellos da Costa
da Morte, serán os premiados e homenaxeados nun acto para
o que se ten realizado un enorme despregue técnico e humano,
coa única misión de dar as gracias a aqueles que de forma
desinteresada fomentan o deporte na nosa bisbarra.
Recordámoslles
a todos os interesados no deporte da Costa da Morte, que se
poden informar puntualmente do que foi esta temporada, xa
que as diferentes crónicas
que Marco Antonio Sande nos veu ofrencedo, quedan á
súa disposición na rede. A colaboración
entre o Web Costa da Morte e Radio Nordés-Cadena Ser,
fixeron que moitas persoas se interesaran por seguir as novas
deportivas on-line, gracias a toda a audiencia.
Tremores
de terra en Bergantiños.
Varios
seismos, que non superaron en ningún caso os 3,5 graos
na escala Richter, sacudiron onte xoves pola tarde varios
concellos desta comarca da Costa da Morte.
O
epicentro dos terremotos atopouse aproximadamente no centro
do triangulo formado por Coristanco,
Santa Comba e Baio,
sin que causara ningún tipo de danos materiais ou persoais,
simplemente algún susto pra os habitantes destas zonas,
chegando a sentirse incluso en Malpica.
Estes
tremores repetironse as 2:30h de hoxe venres, tal e como predecira
o Instituto Xeográfico Nacional. Estes movimentos sin
grande importancia, crean grande confusión entre a
cidadanía, aínda que segundo informan desde
o I.X.N., na nosa zona non hai contacto entre placas tectónicas
nin grandes faias, que fagan previsible movimentos de maior
intensidade, así que a durmir tranquilas/os.